Mr. Degrees

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mr. Degrees é unha banda de hard rock creada en Betanzos en xuño de 2011. Está formada por Alfonso R. á batería, Diego L. ó baixo e coros, Iñaki L. á guitarra e coros, Marcos L. á guitarra e coros e Jose P. á voz.

Historia[editar | editar a fonte]

As súas orixes están intimamente ligadas á banda Casual Troupe, banda da mesma cidade e da que proveñen a maioría dos seus membros, activa desde agosto de 2007. En xuño de 2011 Diego L. substituíu a Nacho no baixo, e a banda decidiu mudar o nome. Mr. Degrees é o nome dunha das primeiras composicións da banda.

Influencias[editar | editar a fonte]

Aínda que cada un dos membros da banda posúe influencias moi diferentes, na procura dun estilo propio chegaron a un nexo común, apousentado sobre os estilos do hard rock dos anos setenta coma Deep Purple, Rainbow ou U.F.O., canda a toques do hard rock máis oitenteiro como Van Halen ou Scorpions e outros do blues rock coma Rory Gallagher.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]