Moritz Leuenberger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Moritz Leuenberger

Moritz Leuenberger (*21 de setembro de 1946 en Biel-Bienne, cantón de Berna) é un político suízo, membro do Partido Socialista Suízo e do Consello Federal. Orixinario da comuna de Rohrbach. Exerceu como avogado de 1972 a 1991 e presidiu a asociación suíza de arrendatarios.

Carreira política[editar | editar a fonte]

Foi membro do consello municipal da cidade de Zúric de 1974 a 1983, logo foi elixido membro do Consello Nacional en 1979. En 1991, foi elixido conselleiro de estado do cantón de Zúric. Alí dirixiu o departamento do interior e de xustiza. Acumulou dous mandatos até 1995.

O 27 de setembro de 1995, foi elixido membro do Consello Federal, onde quedou encargado da dirección do Departamento Federal do Medio Ambiente, Transportes, Enerxía e Comunicacións (DETEC) dende o 1º de novembro de 1995.

Foi presidente da confederación en 2001 e 2006 e vicepresidente en 2000 e 2005. É tamén o membro máis vells do consello federal.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Otto Stich
Coat of arms of Switzerland.svg
Conselleiro Federal

1995–
Sucesor:
en funcións