Monty Python's The Meaning of Life

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Senso da Vida
Título orixinal Monty Python's The Meaning of Life
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director Terry Jones
Produtor John Goldstone
Guión Graham Chapman
John Cleese
Terry Gilliam
Eric Idle
Terry Jones
Michael Palin
Baseado en
Intérpretes Graham Chapman
John Cleese
Terry Gilliam
Eric Idle
Terry Jones
Michael Palin
Música John Du Prez
Fotografía Peter Hannan
Montaxe Julián Doyle
Estudio
Distribuidor Universal Pictures
Ano 1983
Duración 103 minutos
País Reino Unido Reino Unido
Xénero Comedia
Orzamento $9,000,000
Recadación {{{recadación}}}
Filme anterior Monty Python Live at the Hollywood Bowl
Filme seguinte
Ficha en IMDb

Monty Python's The Meaning of Life (en galego, O Senso da Vida) é o cuarto filme do grupo de comedia inglés Monty Python, estreada en 1983. Dirixida por Terry Jones, o seu guión foi escrito polos seis Monty Python: Terry Jones, Terry Gilliam, Eric Idle, John Cleese, Michael Palin e Graham Chapman. Con cancións de Eric Idle, o filme foi un éxito.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

A cinta, que mostra o humor dos Python, xa un selo de marca, é unha serie de sketches que pretenden, dun xeito satírico, mostrar as diferentes etapas da vida e chegar á conclusión sobre o senso da mesma. O nacemento, a educación, a continxencia, a idade madura, a enfermidade e a morte son temas que se tratan de maneira irreverente polos Python, nun ton de comedia musical surrealista. Os Monty Python prometeron que ían a ofender a todo o mundo e cumprírono: políticos, patriotas, burgueses e obreiros, católicos e protestantes, crentes e ateos, ou o que é o mesmo a anarquía levada ó humor.

Terry Gilliam aporta a súa excéntrica imaxinería visual na curtametraxe que precede ó filme, inspirado nunha historieta do francés Philippe Cazaumayou de 1977. Este interromperá logo sen previo aviso á metade do filme, toque clásico de Gilliam.

O filme mostra outros dos máis logrados sketches dos Python, como o do xeneral inglés que perde unha perna ou o dos trasplantes de órganos, ademais de números musicais como "Every Sperm Is Sacred" (Todo esperma é sagrado) e "The Penis Song" (A canción do pene).

Repercusións[editar | editar a fonte]

A pesar do indubidábel éxito comercial e de crítica, "O Senso da Vida" marcou o final dos Monty Python. O grupo debateu a posibilidade de reformar o guión engadindo un personaxe central ó que seguir durante toda a rodaxe, idea rexeitada por John Cleese que estaba canso do proxecto. O único personaxe común en tódolos filmes do grupo británico é Deus, tema que lles valeu moitas acusacións de blasfemia.

Posteriormente Cleese manifestou o seu desagrado respecto ó resultado final, feito que puido precipitar a disolución do grupo, teoría apoiada polos comentarios de Cleese no documental "Que senso tivo rodar O Senso da Vida", que aparece entre os extras da edición especial do DVD.

Despois do filme cada un procurou o seu camiño, algúns viviron á sombra do seu antigo éxito mentres que outros fixéronse aínda máis populares.

Premios e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]