Eric Idle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eric Idle
Nacemento29 de marzo de 1943
LugarSouth Shields
NacionalidadeReino Unido
EtniaPobo inglés
Educado enUniversidade de Cambridge, Pembroke College e Royal Wolverhampton School
Cónxuxe(s)Lyn Ashley e Tania Kosevich
Profesiónactor de cinema, actor, humorista, guionista, novelista, cantautor, dramaturgo, escritor, guitarrista, letrista, director de cinema e actor de televisión
Na rede
http://ericidle.com/
IMDB: nm0001385 Allocine: 5215 Rottentomatoes: celebrity/eric_idle Allmovie: p95365 TV.com: people/eric-idle IBDB: 76129
Twitter: EricIdle Spotify: 24OqPJZX2KZCVgEOa3d9mF iTunes: 215230 Last fm: Eric+Idle Musicbrainz: c4b096cb-ffa2-48d2-81a2-04a498c7c5f8 Songkick: 473000 Discogs: 306225 Allmusic: mn0000122475 WikiTree: Idle-31 Genius: Eric-idle Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Eric Idle, nado en South Shields, no Condado de Durham, o 29 de marzo de 1943, é un músico e humorista británico, membro do grupo de actuación humorístico Monty Python.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Realizou estudos de literatura inglesa na Universidade de Cambridge.

Idle, o músico do grupo, é o compositor de boa parte das cancións das películas do grupo (non así da canción da serie de televisión Monty Python's Flying Circus, unha marcha popular chamada freedom bell). En Monty Python's Life of Brian canta a máis popular canción dos Python, Always Look On The Bright Side Of Life, e tamén canta a canción principal de The Meaning of Life. Idle é coñecido polo uso de perrucas ridículas (unha das raras ocasións en que non usa perruca é na escena final de Monty Python's Life of Brian), e polos seus exasperantes papeis, como "o home invisíbel", "o home das fotos", ou "o home que quería unha formiga". Idle interpretou o "valiente" Sir Robin en the Holy Grail.

Púxolle voz ó personaxe de Rincewind nas videoaventuras DiscWorld e DiscWorld II, así como ó Dr. Vosnocker en South Park: Bigger, Longer & Uncut.

Tamén foi fundador, compositor e membro do grupo The Rutles, parodia do grupo de Liverpool The Beatles.