Monte Snaefell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ferrocarril do Monte Snaefell

Snaefell é a montaña máis alta (621 m) e a única superior a 2000 pés da Illa de Man. Dise que nun día despexado pódense ver seis reinos dende o seu cumio: Inglaterra, Irlanda, Escocia, Gales, a Illa de Man e o Ceo. O ferrocarril de montaña de Snaefell percorre as catro millas dende Laxey ó cumio. O cume está coroado por unha cafetería e varias antenas de comunicacións.

A estrada de montaña A18 pasa polas pendentes do Snaefell, e é a sección máis outa da Pista de Montaña de Snaefell sobre a cal celébrase a Isle of Man TT Races (carreira de motociclismo).

Hai montañas en Islandia chamadas Snæfell (nótese a suave diferenza de pronunciación), incluíndo a montaña baixo o famoso glaciar Snæfellsjökull. A voz "Snaefell" semella significar "Cume nevada"

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]