Snæfellsjökull

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 64°48′N 23°47′W / 64.800°N 23.783°W / 64.800; -23.783

Vista do volcán Snæfellsjökull.

O Snæfellsjökull é un estratovolcán situado no oeste de Islandia.[1] Estímase que ten unha antigüidade de 700.000 anos e ten unha altitude de 1.446 msnm. O seu cumio está cuberto por un glaciar.

En realidade o nome da montaña é Snæfell, pero é máis coñecido como "Snæfellsjökull" para distinguilo doutras dúas montañas homónimas (jökull significa glaciar en islandés). Sitúase na parte máis occidental da península de Snæfellsnes. Ás veces, nos días despexados pódese divisar dende a cidade de Reiquiavik a unha distancia de 120 quilómetros.

O volcán é un dos lugares de Islandia máis coñecidos, principalmente debido á novela Viaxe ao centro da Terra (1864) de Jules Verne, na que os protagonistas atopan unha entrada ó centro da Terra a través do Snæfellsjökull.

A montaña inclúese dentro do Parque Nacional Snæfellsjökull (Þjóðgarðurinn Snæfellsjökull en lingua islandesa), fundado no 2001.[2]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Snæfellsjökull

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]