Minute Maid Park

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 29°45′25″N 95°21′20″O / 29.756944444444, -95.355555555556

Minute Maid Park
Datos
LocalizaciónHouston, Estados Unidos
AlcumeThe Juice Box
Nomes antigosBallpark at Union Station (2000)

Enron Field (2000– 335 ft ( 2002)

Astros Field (2002)
Construción
Construción1 de novembro de 1997
Inauguración30 de marzo de 2000
Renovación2010, 2017
ArquitectoPopulous
Molina & Associates
EnxeñeiroWalter P Moore
Custo$250 millóns (1997)
Estadio
DimensiónsLeft field – 315 ft (96 m)
Left center – 362 ft (110,3 m)
Center field – 409 ft (124,7 m)
Right center – 373 ft (113,7 m)
Right field – 362 ft (99,4 m)
Backstop – 49 ft (15 m
Dimensións en pés
Dimensións en pés
Capacidade41.168 espectadores
Asist. máxima44.203 (26 de setembro de 2001)
Cardinals 5−1 Astros (MLB)
PropietarioCondado de Harris−HSA
OperaradoraCondado de Harris−HSA
LocalíaHouston Astros (2000– 335 ft ( presente)

O Minute Maid Park, antes coñecido como The Ballpark at Union Station, Enron Field e Astros Field, é un parque de béisbol situado no centro de Houston, Texas (Estados Unidos). Foi inaugurado no 2000 para albergar os partidos como local dos Houston Astros, equipo da Major League Baseball (MLB). Este estadio é o primeiro na cidade de Houston con teito retractábel. O seu céspede é natural. O recinto foi construído como substituto do Astrodome, o primeiro estadio do mundo cuberto cunha cúpula. O nome do estadio é debido ao patrocinio da compañía de bebida Minute Maid, a cal adquiriu en 2002 os dereitos de nome por un período de trinta anos e 100 millóns de dólares. Actualmente o recinto conta con capacidade para 41.168 espectadores.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "2017 Houston Astros Media Guide" (PDF). Major League Baseball Advanced Media. 14 de febreiro de 2017. p. 505. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de febreiro de 2017. Consultado o 20 de febreiro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]