Minbar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Minbar da mesquita de Nasir Mohammed no Cairo

O minbar é o púlpito da mesquita, desde onde o imán pronuncia o sermón do venres (khutbah), usualmente sitúase á dereita do mihrab, ten forma dunha pequena torre cun teito puntiagudo e escaleiras para subir, preséntase ricamente decorado. Nas mesquitas otomás presenta a forma dunha plataforma sen cúpula.