Mihrab

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mihrab da mesquita de Isfahan, Irán

Mihrab é un nicho no muro dunha mesquita que ten como función indicar a qibla, a dirección cara a Meca cara onde deben rezar os musulmáns, alí é onde se coloca a persoa que dirixe as oracións e que grazas á existencia dese nicho difúndese facilmente por toda a mesquita. Normalmente o mihrab é o punto máis ricamente decorado da mesquita.