Mike Einziger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mike Einziger
Mike Einziger of Incubus live 2004.jpg
Nome completo Michael Aaron Einziger
Naceu 22 de xuño de 1976 (37 anos)
Orixe Los Angeles, California Flag of the United States.svg
Instrumento(s) guitarra
Relacionado con Incubus, Time Lapse Consortium
Tempo en activo 1991-actualidade


Michael Aaron Einziger, nado o 22 de xuño de 1976 en Los Angeles, California, é un músico estadounidense coñecido por ser o guitarrista e un dos compositores da banda de rock alternativo Incubus. Einziger é amplamente coñecido como un innovador e un entusiasta no uso das pedaleiras de efectos para guitarra ao vivo, e foi colocado no número 41 da lista do 100 mellores guitarristas de todos os tempos pola revista Total Guitar en 2002. Mike tamén é compositor e ten realizado varias composicións para orquestra. Na actualidade está estudando na Universidade de Harvard.