José Pasillas
José Pasillas | |
---|---|
Nome completo | José Antonio Pasillas |
Data nacemento | 26 de abril de 1976 (47 anos) |
Nado en | Calabasas (California) |
Ocupación | batería e músico |
Instrumento(s) | batería |
Relacionado con | Incubus |
Tempo en activo | 1989 - actualidade |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
José Antonio Pasillas, nado o 26 de abril de 1976 en Calabasas, no condado dos Ánxeles, é un batería estadounidense coñecido por tocar na banda de rock alternativo Incubus.
José Pasillas é de ascendencia mexicana, e naceu e medrou en Calabasas. Comezou a tocar a batería en 1990, e en 1991 José e os seus amigos Brandon Boyd, Mike Einziger e Dirk Lance (baixista orixinal) formaron Incubus cando estaban no instituto de San Fernando Valley.