Mikael Agricola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mikael Agricola

Mikael Agricola, nado en Pernaja en 1510 e finado en Uusikirkko o 9 de abril de 1557, foi un clérigo finlandés ao que se considera o primeiro escritor en lingua finesa, así como un dos máis importantes promotores da reforma protestante en Suecia e Finlandia. Sóese nomear como o pai da lingua finesa escrita.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Agricola foi autor do primeiro libro escrito en lingua finesa: Abckiria (Libro ABC). Non se conservou ningún orixinal desta obra, mais grazas as numerosas edicións que se fixeron puido ser reconstruído. A primeira edición dato do 1543 e a terceira e última, do 1559. Agricola tamén traduciu o Novo Testamento (1548), o catecismo e parte do Antigo Testamento, como tamén un libro de oracións baseadas en textos bíblicos (Rucouskiria Bibliasta) en 1544. Tiña moitas diferencias con Martin Lutero, mais chegou a ser o seu secretario. As diferenzas erradicaban en que Agricola tiña a idea de que a lei mosaica debía cumprirse (seguindo a doutrina xudaizante), mentres que Lutero baseaba as súas ideas na xustificación pola fe.

Obras[editar | editar a fonte]

  • ABC-Kiria (aprox. 1543)
  • Dauidin Psaltari (1551)
  • Rucouskiria Bibliasta (1544)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Mikael Agricola

Outros artigos[editar | editar a fonte]