Miguel Revestido Rodilla
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de maio de 1892 Ferrol, España |
Morte | 8 de xuño de 1938 (46 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor |
Familia | |
Fillos | Miguel Revestido Fachal |
Miguel Antonio Amado de Jesús Revestido Rodilla, nado en Ferrol o 8 de maio de 1892 e finado en Buenos Aires o 8 de xuño de 1938,[1] foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Emigrou a Buenos Aires. Foi secretario de actas da asociación cultural A Terra constituída en 1917,[2] que ao ano seguinte se converteu en asociación galeguista.[3] Colaborou en El Correo Gallego, Vida Gallega e El Compostelano, e foi xefe de redacción de Correo de Galicia, redactor de Terra e director de Galicia.[4]
Obras
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- De mi alma, 1915.
- Flores de Otoño, 1923.
- Doce poemas (antología), 1955.[5]
Teatro
[editar | editar a fonte]- Fusión de almas (comedia nun acto).
- La prueba (comedia en tres actos).
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Ofelia Fachal Pedreira e foi pai de Miguel Revestido Fachal.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Tesouro tras dos caneirados Arquivado 26 de agosto de 2019 en Wayback Machine.
- Xenealoxía Revestido Arquivado 25 de agosto de 2019 en Wayback Machine.