Middelsee

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Middelsee

O Middelsee foi un antigo brazo de mar situado en Frisia que constituía en orixe o esteiro do río De Boarn.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

Penetraba ata o leste de Boalsert, comunicando co Marne e formando un arco que transcurría primeiro en dirección oeste-leste ata chegar un pouco ao norte de Snits a partir de onde collía unha dirección sur-norte. A súa foz situábase no que agora é o concello de Het Bildt e marcaba o límite entre as rexións frisoas de Westergoa e Eastergoa e que agora percorre o río De Swette. Gradualmente a partir do século XI o Middelsee foise recubrindo con sedimentos, cara a 1100 o Marne o Middelsee deixan de se comunicar, a ruptura con esta corrente de auga acelerou a desecación do Middelsee, e toda a parte meridional, entre Boalsert e Snits desaparecera contra 1200. Para comezos do século XV o Middelsee estaba reducido ao norte da súa extensión orixinal e a comezos do século XVI formouse o polder de Het Bildt. Todas estas terras gañadas ao mar, nije lannen (novas terras), eran moi fértiles e utilizáronse fundamentalmente para os cultivos, con relativamente poucos asentamentos.