Miconos - Μύκονος
| Miconos - Μύκονος | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | Miconos |
| País | Grecia |
| Localización | Mar Mediterráneo |
| Arquipélago | Cícladas |
| Linguas | Grego |
| Poboación (2001) | 9.320 hab. |
| Superficie | 85´5 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 37°27′N 25°23′E / 37.45°N 25.383°E |
| Maior Altura | 364 m. |
| Localización | |
Miconos (en grego: Μύκονος) é unha illa de Grecia pertencente ás Cícladas, situada entre Tinos (ao noroeste), Siros (ao oeste), Paros (ao sueste) e Naxos (ao sur). Ten unha superficie de 86 Km² e unha altitude máxima de 364 m. A illa ten un chan maioritariamente granítico e unha importante escaseza de auga que fai imprescindible a súa obtención mediante desalación. Conta con 6.200 habitantes. A poboación principal é Miconos (Chora), situada na parte occidental da illa.
Historia e características [editar]
Foi unha illa cosmopolita, famosa entre os visitantes da jet-set internacional que pasaban alí as súas vacacións. É tamén considerada un dos "paraísos gais" do Mediterráneo aínda que nos últimos anos xa non ten o "glamour" doutrora. Os atractivos principais son as súas magníficas praias, a sorprendente vida nocturna e a súa proximidade á illa de Delos, chea de tesouros arqueolóxicos (probablemente esta é a razón que trouxo aos primeiros turistas a Mykonos), situada a poucos quilómetros ao sudoeste.
Mykonos é o lugar de vacacións máis coñecido de Grecia e tamén o máis caro. Ultimamente está moi masificado, sobre todo no verán, e a calidade do servizo aos turistas baixou considerablemente; Está conectado por barco diariamente co Pireo, Tesalónica e a maioría das outras illas do Mar Exeo.
Segundo a mitoloxía grega, en Mykonos tivo lugar a batalla entre Zeus e os Xigantes.