Top Gear
| Top Gear | |
|---|---|
(De esquerda a dereita) Richard Hammond, James May e Jeremy Clarkson, presentadores de Top Gear. |
|
| Xénero | Motor |
| Formato | Documental |
| Dirixido por | Brian Klein |
| Intérpretes | Jeremy Clarkson Jason Dawe (2002) Richard Hammond James May (2003-) "The Stig" |
| Tema de apertura | The Allman Brothers Band – Jessica (instrumental) |
| País de orixe | |
| Lingua(s) | Inglés |
| Número de temporadas | 19 |
| Número de episodios | 152 (incluíndo 3 especiais) |
| Produción | |
| Produtor(es) executivo(s) | Andy Wilman |
| Produtor(es) | Lloyd Washbrook |
| Editor(es) | Guy Savin Dan James |
| Localización(s) | Dunsfold Park, Dunsfold, Surrey, Inglaterra, |
| Duración | 60 minutos |
| Distribuidor | BBC Worldwide |
| Emisión orixinal | |
| Canle de orixe | BBC Two BBC HD |
| Formato de imaxe | (SDTV) 576i (Series 1–13) (HDTV) 1080i (Series 14–presente & Especial Polo) |
| Formato de son | Dolby Digital Stereo |
| Tempo de emisión | 1977–2001 20 de outubro de 2002 |
| Ligazóns externas | |
| Top Gear BBC Páxina web | |
Top Gear é un programa de televisión da BBC Two británica no que se trata a actualidade do mundo dos automóbiles dun xeito humorístico. Comezou a emitirse no ano 1977, e dende 2002 está presentado por Jeremy Clarkson, Richard Hammond e James May, coa colaboración dun piloto anónimo alcumado The Stig. A súa audiencia estimada no mundo enteiro é duns 350 millóns de espectadores. En Galicia pode verse polas canles Energy e Cuatro.
Índice |
Formato [editar]
O plató do programa está situado a carón do aeródromo de Dunsfold, en Surrey, no cal proban os coches. Nunha das seccións do programa meten a xente famosa dentro dun vehículo barato e miden o tempo que lles leva percorrer o circuíto, para logo facerlle unha entrevista e ver grabada a súa mellor volta. Noutra sección, The Stig fai o mesmo con coches deportivos, e logo colócanos nunha táboa segundo o tempo que marcan na súa mellor volta.
Unha das características propias do programa é facer competicións entre varios vehículos, conducidos polos presentadores, ou inventar modificacións absurdas para sacar conclusións confusas. O programa adoita comparar modelos de coche británicos con outros modelos de coche, sobre todo alemáns, facendo ver unha suposta superioridade no seu produto local.
O éxito internacional de Top Gear provocou a aparición de varios programas xemelgos noutros países, como Estados Unidos, Rusia, Australia e Corea do Sur.
Coche do ano [editar]
Cada ano, ao fin do outono, elixen o que consideran mellor coche do ano. O único requisito para a elección do gañador é que os tres presentadores deben facer a elección unánime. Os gañadores foron:
| Ano | Modelo | Imaxe |
|---|---|---|
Coche do ano segundo Top Gear |
||
| 2002 | Land Rover Range Rover | |
| 2003 | Rolls-Royce Phantom | |
| 2004 | Volkswagen Golf GTI | |
| 2005 | Bugatti Veyron | |
| 2006 | Lamborghini Gallardo Spyder | |
| 2007 | Subaru Legacy Outback/Ford Mondeo | |
| 2008 | Caterham Seven R500 | |
| 2009 | Lamborghini Gallardo LP550-2 Valentino Balboni | |
| 2010 | Citroën DS3 | |
| 2011 | Range Rover Evoque | |
| 2012 | Toyota GT86 | |
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Top Gear na web da BBC (en inglés)
- Magazine Top Gear (en inglés)
- Top Gear en IMDB (en inglés)