Mere Lava

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mere Lava
Banks Islands-en.svg
Localización da illa
Situación
País Vanuatu
Provincia Torba
Arquipélago Illas Banks
Mar Océano Pacífico
Coordenadas 14°27′35″S 168°2′31″E / 14.45972°S 168.04194°E / -14.45972; 168.04194
Xeografía
Xeoloxía Volcánica
Superficie 18 km²
Longura máxima 4´5 km.
Punto máis alto 883 m. Monte Teu (Star Peak)
Demografía
Capital Tasmate
Poboación 647 hab. (2009)
Densidade 36 hab./km² hab./km²


Mere Lava (ou Merelava) é unha illa das Illas Banks do norte de Vanuatu. Está situada na parte sueste do arquipélago preto Mota e Merig. A illa pertence administrativamente á provincia de Torba. Merelava tamén foi coñecida como Star Island. Está situada preto de 50 km ao leste de Gaua.

Poboación e lingua[editar | editar a fonte]

A illa ten uns 650 habitantes.[1] e falan unha lingua Oceánica coñecida como Mwerlap ou Merlav.

Historia[editar | editar a fonte]

Mere Lava foi avistado por primeira vez polos europeos durante a expedición española de Pedro Fernandes de Queirós, do 25 ao 29 de abril de 1606. O nome dá illa foi, entón cartografada como San Marcos.[2]

Nome[editar | editar a fonte]

Os habitantes de Mere Lava chaman a súa propia illa Mwerlap, na lingua de mesmo nome.

O nome Mere Lava ou Merelava reflicte a forma como se chama na veciña lingua Mota.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. (PDF) 2009 National Census of Population and Housing: Summary Release. Vanuatu National Statistics Office. 2009. http://www.spc.int/prism/country/vu/stats/Publications/2009%20Census%20Summary%20release%20final.pdf. Consultado o 21 de novembro de 2010. 
  2. Kelly, Celsus, O.F.M. La Austrialia del Espíritu Santo. The Journal of Fray Martín de Munilla O.F.M. and other documents relating to the Voyage of Pedro Fernández de Quirós to the South Sea (1605-1606) and the Franciscan Missionary Plan (1617-1627) Cambridge, 1966, p.39, 62.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]