Megascolides australis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Megascolides australis
Estado de conservación
En perigo
En perigo
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Annelida
Clase: Clitellata
Subclase: Oligochaeta
Familia: Megascolecidae
Xénero: Megascolides
Especie: M. australis
Nome binomial
Megascolides australis
McCoy, 1878

Megascolides australis é unha especie de verme anélido oligoqueto de enorme tamaño (de 1 a 3 m de lonxitude) que é nativo de Australia. Coñécese localmente co nome karmai, procedente da lingua bunwurrung aborixe ou, en inglés, como verme xigante de Gippsland, xa que vive na rexión de Gippsland.[1]

Descrición[editar | editar a fonte]

Este verme "xigante" mide como media 1 m de longo (pero pode chegar aos 3 m) e uns 2 cm de diámetro, pero o seu corpo pode expandire e contraerse facendo que pareza moito máis grande. Como media pesa uns 200 g.[2][3] Ten unha cabeza púrpura escura e un corpo gris azulado, e duns 300 a 400 segmentos corporais.[1]

Ecoloxía[editar | editar a fonte]

Viven en solos de arxilas azuis, grises e vermellas ao longo das ribeiras de ríos e alguúns outeiros orientados cara ao oeste ou sur dos hábitats que lles quedan da rexión de Gippsland en Victoria, Australia. Viven en sistemas de túneles profundos e necesitan auga no seu ambiente para facilitar a súa respiración.[1] Teñen unha vida relativamente longa para un invertebrado e tardan ata 5 anos en chegar á madurez. Reprodúcense nos meses cálidos e producen cápsulas de ovos de 4 a 7 cm de longo, que poñen nos seus túneles. Cando fan eclosión 12 meses despois miden 20 cm de longo.

A diferenza da maioría dos oligoquetos, que depositan excrementos térreos tipo compost na superficie, pasan case toda a súa vida nos túneles a uns 52 cm de profundidade e alí depositan os seus excrementos, e normalmente só son desaloxados de alí se hai chuvias moi fortes.[2] Normalmente son lentos, pero cando se moven rapidamente a través dos seus túneles, poden causar unha especie de gorgolexo audible ou son de succión que permite detectalos.[4][5]

Especie ameazada[editar | editar a fonte]

As colonias deste verme son pequenas e illadas,[6] e a especie ten baixas taxas de reprodución e unha lenta maduración, o que fai que esas pequenas poboacións sexan vulnerables.[6] Os seus hábitats naturais son praderías, e aínda que pode vivir baixo pasteiros,[6] o cultivo da terra, o pasto intenso do gando e a escorredura superficial de augas teñen efectos adversos para a especie.[6] Necesita un solo húmido e margoso para prosperar e a plantación densa de árbores afecta negativamente a esta humidade do solo, e fai o hábitat menos apropiado para a especie.[6] Non se conseguiu que se reproducise en catividade.[2][1] Considerábase especie vulnerable e agora especie en perigo.[7][8]

Turismo[editar | editar a fonte]

O interese neste peculiar verme foi aproveitado localmente para desenvolver unha industria turística local e un festival Karmai en Korumburra e construíuse o Museo do Verme Xigante en Bass, Victoria[9] situado no Wildlife Wonderland Park, ata que pechou en 2012.,[10].[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Species Profile and Threats Database. Megascolides australis — Giant Gippsland Earthworm". AU Environment. Consultado o 14 December 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Giant Gippsland Earthworm". Museum Victoria. Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2013. Consultado o 14 December 2013. 
  3. Diversity of Soil Fauna and Ecosystem Function, Biology International. Retrieved on October 23, 2008.
  4. Action Statement: Giant Gippsland Earthworm. Retrieved on July 23, 2012.
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2016. Consultado o 10 de maio de 2020. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Victoria Resources Online: Giant Gippsland Earthworm Arquivado 26 de outubro de 2013 en Wayback Machine.. Retrieved on July 23, 2012.
  7. World Conservation Monitoring Centre (1996). "Megascolides australis". IUCN Red List of Threatened Species. 1996. Retrieved 11 May 2006. Listed as Vulnerable (VU D2 v2.3)[1]
  8. Lista de especies en perigo. IUCN3.1 australis&searchType=species Megascolides australis
  9. "National Recovery Plan for the Giant Gippsland Earthworm" (PDF). Department of Sustainability and Environment. 2010. 
  10. "Closure of Wildlife Wonderland Park near Bass". Victoria Department of Environment and Primary Industries. 
  11. "Giant Earthworm Museum". Atlas Obscura. Consultado o 29 March 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Outros vermes "xigantes"

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]