Megan Burns
| Megan Burns | |
|---|---|
| Nacemento | Megan Georga Burns 25 de xuño de 1986 Liverpool, |
| Outros nome(s) | Betty Curse |
| Profesión | Actriz (2000-presente) Cantante (2006-presente) |
| Páxina web oficial | |
| Ficha na IMDb | |
Megan Georga Burns nada o 25 de xuño de 1986 en Liverpool, Inglaterra, é unha cantante e actriz británica tamén coñecida como Betty Curse.
Índice |
Biografía [editar]
Cando tiña tres anos, o seu pai déixaa xunto coa súa nai. Ós 11 anos é enviada pola súa avoa a clases de interpretación. Grazas a iso, foi quen de participar no filme Liam no ano 2000. Por esta actuación gañou o premio Marcello Mastroianni no Festival de Cine de Venecia por esta actuación. Danny Boyle viuna e fixo que interpretase a Hannah no filme 28 Days Later.
Traxectoria musical [editar]
Dende entón, Burns traballou como cantante baixo o alcume de Betty Curse, que foi elixido por Island Records. O seu primeiro single foi doble "Met on the Internet" e "Excuse All the Blood", rematados en maio de 2006. O seu primeiro álbum Hear Lies foi realizado o 31 de outubro do 2006 por iTunes. A versión en CD, Here Lies Betty Curse foi realizada en abril do 2007. O single do primeiro álbum, "God This Hurts", foi realizado en agosto de 2007, seguido de "Girl with Yellow Hair" o 13 de novembro.
Filmografía [editar]
- Liam (2000)
- 28 Days Later (2002)
Discografía [editar]
- 2006 Hear Lies — realizado o 30 outubro (só de descarga na internet)
- 2006 Here Lies Betty Curse
Singles [editar]
- 2006 "Excuse All the Blood"
- 2006 "God This Hurts" UK #116
- 2006 "Girl with Yellow Hair" UK #132
- 2007 "Do You Mind (If I Cry)"
Membros da banda [editar]
- Megan Burns "Betty Curse" (Voz)
- Rich Curse (Guitarra)
- Alex Curse (Guitarra)
- Olly Curse (Baixo)
- Dominic Curse (Batería)