Max Fleischer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Max Fleischer facendo de si mesmo no filme animado con imaxes reais de 1934 de Betty Boop Betty Boop's Rise to Fame.
O pallaso Koko e o can Fitz en Koko Chops Suey (1927).

Max Fleischer, nado en Cracovia o 19 de xullo de 1883 e finado nos Ánxeles o 11 de setembro de 1972, foi un dos pioneiros na creación de debuxos animados. É o pai de Betty Boop e Koko the Clown, e quen levará ao cine a Popeye e a Superman. Tamén se encargou de realizar unhas cantas innovacións tecnolóxicas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fleischer tivo a idea de usar fotogramas de cine capturados da realidade para usalos como referencia para debuxar animación, e así patentou o rotoscopio en 1917. Usou esta técnica xunto ao seu irmán Dave no seu primeiro cartoon en 1915. En 1919 estableceu os Fleischer Studios para producir debuxos animados e curtametraxes xunto aos seus irmáns Dave e Joe Fleischer.

Inventou o rotógrafo para agregar debuxos animados en películas reais. A súa invención baseábase nos procesos estereóticos, construídos por John Burks, no cal se utilizaban recortes de escenarios de cartón montados nunha mesa xiratoria, onde se colocaban os debuxos. Fixo os primeiros debuxos animados con son da historia en 1924 usando un proceso de sincronización de Lee De Forest. Aínda que a compañía Disney adxudícallo á súa curta Steamboat Willie, que foi realizada anos máis tarde. En 1933, os Fleischer Studios formaron contrato co King Features Syndicate (xigante empresa da banda deseñada), para producir os deseños animados do Popeye, e para o lanzamento de Betty Boop. Mais tarde, en 1941, os Fleischer Studios asinaron contratos coa DC Comics, para a produción de debuxos animados de Superman. Produciron as longametraxes Gulliver's Travels e Mr. Bug Goes to Town, e as curtas do Popeye: Popeye meets AliBaba and the Forty Thieves, Popeye the Sailor Meets Sindbad the Sailor e Popeye and His Wonderful Lamp.

En 1942, cando os seus fundadores Max, Dave e Joe Fleischer se retiraron, a Paramount Pictures comprou os Fleischer Studios, mudando o seu nome para Famous Studios (creadora dos Harveytoons), tendo como propietarios os antigos animadores de Fleischer: Seymour Kneitel e Isadore Sparber. O Famous Studios produciu animación até 1967, como novos episodios do Popeye e Superman, os Harveytoons, Little Lulu de Marge e os Puppetoons de George Pal. En 1960, os Famous Studios mudou o seu nome para Paramount Cartoon Studios até que en 1967 fechou as súas portas, coa adquisición da Paramount pola Gulf-Western. Max morreu o 11 de setembro de 1972, aos 89 anos, en Los Angeles.

O seu fillo Richard Fleischer dedicouse ao mundo da dirección de cine.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Max Fleischer