Mauro Bicicli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bicicli
Información persoal
Nome Mauro Bicicli
Nacemento 15 de xaneiro de 1935
Lugar de nacemento Crema
Falecemento 22 de agosto de 2001
Lugar de falecemento Crema
Posición centrocampista
Carreira xuvenil
Crema
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1952–1953 Crema 27 (2)
1953–1963 Inter de Milán 171 (25)
1955–1956 Parma 32 (8)
1956–1957 Catania 32 (8)
1962 Catania 0 (0)
1963–1966 Genoa 67 (8)
1966–1967 Inter de Milán 11 (2)
1967–1968 Lanerossi Vicenza 22 (1)
1968–1969 Brescia 26 (0)
Adestrador
1976–1977 Brescia
1982–1983 Brescia
1983–1985 Ospitaletto
1985–1986 Fanfulla
1987–1993 Legnano
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Mauro Bicicli, nado en Crema o 15 de xaneiro de 1935[1] e finado no mesmo lugar o 22 de agosto de 2001, foi un futbolista e adestrador italiano, que xogaba como dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como futbolista[editar | editar a fonte]

Tras comezar a súa carreira no Crema fichou polo Inter de Milán, co que debutou na Serie A o 17 de abril de 1955 fronte ao Genoa. Xogou no club lombardo de xeito intermitente durante a seguinte década, con cesións e pasos por outros equipos. Disputou un total de 182 partidos coa camiseta nerazzurra e marcou 27 goles. Gañou dous títulos da Serie A e en 1967 foi aliñado por Helenio Herrera como titular na final da Copa de Europa, en substitución do centrocampista galego Luis Suárez, que estaba mancado.[2] O equipo italiano acabou perdendo aquel partido por 2-1 contra o Celtic.

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Trala súa retirada foi adestrador, comezando a súa carreira nos bancos como técnico do equipo xuvenil do Brescia. Adestrou ademais o primeiro equipo en dúas ocasións, a primeira delas en 1977, na Serie B, para substituír a Antonio Angelillo, e a segunda en 1982, como substituto de Maurizio Bruno na Serie C1.[3] Posteriormente pasou polos bancos do Ospitaletto, Fanfulla e Legnano. Faleceu dun cancro de fígado en 2001, aos 66 anos.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Inter de Milán
Genoa

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Beltrami 1979, p. 14.
  2. "Inter, Mario Corso e quel maledetto 1967" (en italiano). 3 de marzo de 2017. Consultado o 2 de abril de 2022. 
  3. Beltrami 1983, p. 293.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Rota, Davide (2008). Dizionario illustrato dei giocatori genoani (en italiano). De Ferrari. 
  • Beltrami, Arrigo (1983). Almanacco illustrato del calcio 1984 (en italiano). Módena: Panini. 
  • Beltrami, Arrigo (1979). Almanacco illustrato del calcio 1980 (en italiano). Módena: Panini. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]