Maurice Richard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaurice Richard

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de agosto de 1921 Editar o valor em Wikidata
Montreal, Canadá Editar o valor em Wikidata
Morte27 de maio de 2000 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Montreal, Canadá Editar o valor em Wikidata
Causa da morteDoenza cardiovascular Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaNotre Dame des Neiges Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCanadá Editar o valor em Wikidata
Altura178 cm Editar o valor em Wikidata
Peso82 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de hóckey sobre xeo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Deportehóckey sobre xeo Editar o valor em Wikidata
LigaNational Hockey League Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoWinger (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Mano para tirarleft-handed shot (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1942-1960 Canadiens de Montréal Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsHenri Richard Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Richard-1571 Find a Grave: 10970 Editar o valor em Wikidata

Joseph Henri Maurice "Rocket" Richard PC CC OQ, nado o 4 de agosto de 1921 en Montreal (Quebec, Canadá) e finado na mesma cidade o 27 de maio de 2000 foi un xogador profesional de hóckey sobre xeo que xogou durante 18 tempadas na National Hockey League (NHL), desenvolvendo toda a súa carreira nos Montreal Canadiens. Foi o primeiro xogador na historia da NHL en anotar 50 goles nunha tempada, conseguindo a marca na tempada 1944-45 na que só se disputaron 50 partidos, e foi tamén o primeiro xogador en conseguir 500 goles na súa carreira. Richard retirouse en 1960 sendo o líder de todos os tempos en goles con 544. Gañou o Hart Trophy como xogador máis valioso da NHL en 1947, xogou 13 All-Star Games e foi nomeado 14 veces no NHL All-Star Team dos play-offs.

Richard, Elmer Lach e Toe Blake formaron a chamada "Punch line", unha liña de dianteiros altamente anotadora da década de 1940. Richard foi membro de oito equipos campións da Stanley Cup, incluído o que gañou o título cinco tempadas consecutivas entre 1955 e 1960; foi o capitán do equipo durante os seus últimos catro anos de carreira profesional. O Hockey Hall of Fame non aplicou o período de elixibilidade de cinco anos e introduciu a Richard no "salón da fama" en 1961. En 1975 foi introducido no Canada's Sports Hall of Fame. OS Canadiens retiraron o seu número, o 9, en 1960, e en 1999 doaron o Maurice "Rocket" Richard Trophy á NHL, que é entregado cada ano ao máximo goleador da liga regular.

O maior de oito iráns, Richard naceu nunha familia pobre durante a Gran Depresión. Inicialmente foi visto como un xogador fráxil. Unha serie de lesións impedíronlle unirse ao exército canadense durante a segunda guerra mundial. Franco e intenso, era coñecido polo seu estilo de xogo físico e ocasionalmente violento. Richard estivo involucrado nun incidente violento a finais da tempada 1954-55 durante o cal golpeou a un xuíz de liña. O presidente da NHL Clarence Campbell suspendeuno durante o que restaba de tempada, así como dos play-offs, o que precipitou o coñecido como Affaire Richard en Montreal. Os disturbios adquiriron un carácter mítico nas décadas posteriores, e frecuentemente son vistos como precursores da chamada Revolución Tranquila do Quebec. Richard foi unha icona cultural entre a poboación francófona do Quebec; a súa lenda é un motivo principal da historia curta de Roch Carrier Le chandail de hockey, unha obra emblemátiica da cultura canadense. Richard morreu no ano 2000 e converteuse no primeiro non-político en ser honrado pola provincia do Quebec cun funeral de estado.

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Xogador[editar | editar a fonte]

    Liga regular   Play-offs
Tempada Equipo Liga PX G A Pts PIM PX G A Pts PIM
1937-1938 St-Francois-de-Laval High-QC
1938-1939 Montréal Paquette Midgets QAHA 46 133 7 140
1939–40 Verdun Maple Leafs LHJQ 10 4 1 5 2 4 6 3 9 2
1939–40 Verdun Maple Leafs LHSQ 1 0 1 1 0
1939–40 Verdun Maple Leafs Mem. Cup 7 7 9 16 16
1940–41 Montreal Canadiens (Sr.) LHSQ 1 0 1 1 0
1941–42 Montreal Canadiens (Sr.) LHSQ 31 8 9 17 27 6 2 1 3 6
1942–43 Montreal Canadiens NHL 16 5 6 11 4
1943–44 Montreal Canadiens NHL 46 32 22 54 45 9 12 5 17 10
1944–45 Montreal Canadiens NHL 50 50 23 73 46 6 6 2 8 10
1945–46 Montreal Canadiens NHL 50 27 21 48 50 9 7 4 11 15
1946–47 Montreal Canadiens NHL 60 45 26 71 69 10 6 5 11 44
1947–48 Montreal Canadiens NHL 53 28 25 53 89
1948–49 Montreal Canadiens NHL 59 20 18 38 110 7 2 1 3 14
1949–50 Montreal Canadiens NHL 70 43 22 65 114 5 1 1 2 6
1950–51 Montreal Canadiens NHL 65 42 24 66 97 11 9 4 13 13
1951–52 Montreal Canadiens NHL 48 27 17 44 44 11 4 2 6 6
1952–53 Montreal Canadiens NHL 70 28 33 61 112 12 7 1 8 2
1953–54 Montreal Canadiens NHL 70 37 30 67 112 11 3 0 3 22
1954–55 Montreal Canadiens NHL 67 38 36 74 125
1955–56 Montreal Canadiens NHL 70 38 33 71 89 10 5 9 14 24
1956–57 Montreal Canadiens NHL 63 33 29 62 27 10 8 3 11 8
1957–58 Montreal Canadiens NHL 28 15 19 34 28 10 11 4 15 10
1958–59 Montreal Canadiens NHL 42 17 21 38 27 4 0 0 0 2
1959–60 Montreal Canadiens NHL 51 19 16 35 50 8 1 3 4 2
Totais na NHL 978 544 421 965 1285 133 82 44 126 188

Adestrador[editar | editar a fonte]

    Liga regular   Play-offs
Tempada Equipo Liga PA G E P %V Resultado
1972-1973 Quebec Nordiques WHA 2 1 0 1 50 % -

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

National Hockey League
Premio Ano Nota
Primeiro equipo All-Star 1944–45, 1945–46,
1946–47, 1947–48,
1948–49, 1949–50,
1954–55, 1955–56
[1]
Segundo equipo All-Star 1943–44, 1950–51
1951–52, 1952–53
1953–54, 1956–57
[1]
Hart Trophy
Xogador máis valioso
1946–47 [2]
Nacional
Premio Ano Nota
Lionel Conacher Award
Atleta masculino do ano segundo Canadian Press
1952, 1957
1958
[3]
Lou Marsh Trophy
Atleta canadense do ano
1957 [4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Cameron 2013, p. 156.
  2. "Hart Memorial Trophy Winner – Maurice Richard" (en inglés). Hockey Hall of Fame. Consultado o 19 de xaneiro de 2017. 
  3. "Conacher–Rosenfeld winners" (en inglés). Canada's Sports Hall of Fame. Consultado o 19 de xaneiro de 2017. 
  4. "Lou Marsh winners" (en inglés). Toronto Star. 9 de decembro de 2008. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]