Matanza do día de San Bartolomeu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Matanza do día de San Bartolomé, de François Dubois

A matanza do día de San Bartolomeu foi un episodio sanguento na represión dos protestantes na Francia polos reis franceses, católicos. As matanzas, organizadas pola casa real francesa, comezaron o 24 de agosto de 1572 e duraron varios meses, inicialmente en París e despois noutras cidades francesas, morrendo entre 70.000 e 100.000 protestantes franceses (chamados hugonotes).

Este masacre veu dous anos despois do tratado de paz de Saint-Germain, polo cal Catarina de Médici tiña ofrecido treguas aos protestantes.

En 1572, catro incidentes interrelacionados teñen lugar após o casamento real de Marguerite de Valois, (a irmá do rei da Francia) con Henrique de Navarra, unha alianza que supostamente debería acalmar as hostilidades entre protestantes e católicos e fortalecer as aspiracións de Henrique ao trono. En 22 de agosto, un axente de Catarina de Médici (a nai do rei de Francia de entón, Carlos IX de Francia, o cal tiña apenas 22 anos e non tiña verdadeiramente o control), un católico chamado Maurevert, tentou asasinar ao almirante Gaspard de Coligny, líder hugonote de París, o que enfureceu aos protestantes, apesar de quedar el apenas ferido.

Nas primeiras horas da madrugada de 24 de agosto, o día de San Bartolomé, decenas de líderes hugonotes foron asasinados en París, nunha serie coordenada de ataques planeados pola familia real.

Este fora o sinal inicial para un masacre máis grande. Comezando o 24 de agosto e durando até outubro, houbo unha onda organizada de asasinatos de hugonotes en cidades coma Tolosa, Bordeos, Lyon, Bourges, Ruán, e Orléans.

Relatos da altura dan conta de cadáveres nos ríos durante meses, de modo que ninguén comía peixe.

Non foi o primeiro nin o último ataque masivo aos protestantes franceses. Outros programas se seguirían.

Os eventos en ficción[editar | editar a fonte]

A historia foi relatada por Alexandre Dumas na súa obra La Reine Margot, un romance de 1845, historicamente acurado, apesar de Dumas ter inserido romantismo e aventuras no seu texto. O romance de Dumas foi adaptado ao cinema en 1994, en La Reine Margot ("A Raíña Margot"), de Patrice Chéreau, que obteu grande acollida do público.

A matanza xa fora representada no cinema por D.W. Griffith no filme mudo Intolerance ("Intolerancia"), de 1916.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Matanza do día de San Bartolomeu

Outros artigos[editar | editar a fonte]