Mastère Spécialisé

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un Mastère Spécialisé, abreviado MS (Advanced Master en inglés), é un título académico de mestrado francés, e polo tanto de posgrao, en negocios ou enxeñaría, creado en 1986 poa Conférence des Grandes Écoles[1]

Características[editar | editar a fonte]

Polo xeral ten unha duración dun a dous anos académicos e as escolas poden ofrecelo en formato tempo completo ou parcial para os profesionais que compatibilizan os estudos dos MS coa súa actividade profesional.

Para os profesionais con máis experiencia empresarial, hai unha modalidade denominada MS Executivo (Executive MS, en inglés), que polo xeral é un posgrao a tempo parcial.

Algúns dos programas de MS permiten ós estudantes especializarse ou concentrarse nunha área (aeronáutica, finanzas, mercadotecnia, loxística, negocios sustentables, recursos humanos, etc.)[2].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]