Loxística

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Configurar e administrar almacéns é unha preocupación central tanto para a loxística de negocios como para a militar.

A loxística é definida polo Dicionario da Real Academia Galega como a «arte de organizar medios, homes e transportes, para realizar unha acción militar nas mellores condicións, e por extensión, estudo e preparación de calquera acción que require certa organización»[1]. Hoxe en día adóitase referir máis ben ao ámbito empresarial coma a arte e a técnica que se ocupa da organización dos fluxos de mercadorías, enerxía e información.[2][3]

A loxística é fundamental para o comercio. As actividades loxísticas conforman un sistema que é a ligazón entre a produción e os mercados que están separados polo tempo e a distancia.[4]

A loxística empresarial, por medio da administración loxística e da cadea de subministración, cobre a xestión e a planificación de actividades dos departamentos de compras, produción, transporte, almacenaxe, manutención e distribución.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para '.
  2. "«logistics.". Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2017. Consultado o 23 de maio de 2017. 
  3. «What is logistics? ("logistics means having the right thing, at the right place, at the right time").
  4. Cedillo, M. G., Sánchez (2008).