Masa crítica (física)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Chámaselle masa crítica á mínima cantidade de masa necesaria para crear un estado inestable de fisión nuclear.

A masa crítica dunha substancia fisible depende das súas propiedades físicas (da densidade en concreto) e nucleares (o seu enriquecemento e sección eficaz de fisión), da súa xeometría (a súa forma) e da súa pureza, ademais de se está rodeado ou non por un reflector de neutróns (onde resultaría menor a súa masa crítica). No caso dunha esfera rodeada por un reflector de neutróns, a masa crítica é duns cincuenta e dous quilogramos para o uranio 235 e de dez quilogramos para o plutonio 239.