Conversa:Masa crítica (física)

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Movementos[editar a fonte]

Non vexo claro que haxa que devolver ao artigo Masa crítica o contido de Masa crítica (física). O resumo da edición dicía que ese é o seu significado máis habitual. Gustaríame ler algún argumento menos subxectivo. No mundo no que eu vivo cando un fala de masa crítica todos pensan en bicicletas. Incluso con frecuencia se emprega falando de arquitectura e urbanismo, pero nas miñas conversacións a fisión nuclear non está presente con moita frecuencia. Non atopo o concepto de habitual. Se non vou errado, adóitase facer unha páxina de desambiguación dende a cal se remite ás específicas, que entre parénteses levan indicada a súa especificidade (espero estar explicándome ben). O que temos agora é dúas entradas (Masa crítica e Masa crítica (física)) que conducen ao mesmo lugar. --Xoacas(Góstache o pemento?) 22:27, 22 febreiro 2010 (UTC)

  • Será que eu son de ciencias... Vou desfacer o que fixen. Grazas por abrirme os ollos. --Toliño Fala aquí comigo 17:21, 23 febreiro 2010 (UTC)