Mary Tyler Moore

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mary Tyler Moore
Nacemento29 de decembro de 1936
LugarBrooklyn
Falecemento25 de xaneiro de 2017
LugarGreenwich
Causapneumonía
NacionalidadeEstados Unidos de América
Relixióncatolicismo
Educada enImmaculate Heart High School
PaiGeorge Tyler Moore
NaiMarjorie Hackett
Cónxuxe(s)Grant Tinker
Profesiónactriz de televisión, actriz de teatro, actriz de cinema, actriz de dobraxe, produtora, actriz, produtor, cantante e produtora de televisión
Na rede
IMDB: nm0001546 Allocine: 24016 Rottentomatoes: celebrity/mary_tyler_moore Allmovie: p50344 109132 Metacritic: person/mary-tyler-moore TV.com: people/mary-tyler-moore IBDB: 23123
Discogs: 3826784 WikiTree: Moore-30734 Find a Grave: 175697586 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Mary Tyler Moore, nada o 29 de decembro de 1936 en Brooklyn (Nova York) e finada o 25 de xaneiro de 2017 en Greenwich (Connecticut), foi unha actriz e presentadora de televisión de estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Moore foi coñecida polo papel de Laura Petrie ( a dona de Dick Van Dyke) en The Dick Van Dyke Show (1961–66) e por ser a protagonista de The Mary Tyler Moore Show (1970–77) na que interpretou a Mary Richards, unha muller solteira duns trinta anos que traballa como produtora de noticias en Minneapolis. Tamén apareceu en varios filmes, o máis coñecido foi Xente corrente (1980), onde interpreta un papel oposto aos personaxes de televisión que desenvolvera e polo que foi candidata ao Óscar á mellor actriz. Moore foi tamén unha coñecida activista en prevención e investigación da diabetes mellitus e foi presidenta internacional da Juvenile Diabetes Research Foundation.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]