Mary Kenner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMary Kenner
Biografía
Nacemento(en) Mary Beatrice Davidson Editar o valor em Wikidata
17 de maio de 1912 Editar o valor em Wikidata
Monroe, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte13 de xaneiro de 2006 Editar o valor em Wikidata (93 anos)
Datos persoais
ResidenciaMcLean (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoAfroamericano Editar o valor em Wikidata
EducaciónDunbar High School (en) Traducir (–1931)
Universidade Howard (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióninventora , florista (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Davidson-10590

Mary Beatrice Davidson Kenner, nada en Charlotte (Carolina Norte) o 17 de maio de 1912 e finada o 13 de xaneiro de 2006, foi unha inventora estadounidense moi coñecida polo seu desenvolvemento do cinto para compresas,[1] aínda que a discriminación racial fixo que o seu invento tardara trinta anos en empregarse.[2] Kenner recibiu cinco patentes, entre as que se inclúen un accesorio para andadores e un soporte para o papel de baño.[3]

O Cinto Sanitario

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Kenner proviña dunha familia de inventores.[4] O seu pai,[5] Sidney Nathaniel Davidson (xuño de 1890 - novembro de 1958),[6] patentou unha prensa de roupa que cabía nas maletas, aínda que finalmente non gañou diñeiro co invento.[7] O seu pai tamén patentou un limpiacristales para trens e inventou unha padiola con rodas para ambulancias. O seu avó inventou un sinal luminoso para os trens, aínda que este invento foille roubado por un home branco.[8]A súa irmá, Mildred Davidson Austin Smith (1916-1993), inventou, patentou e vendeu xogos de mesa.

Kenner graduouse no instituto en 1931. Asistiu á Universidade de Howard, aínda que non puido terminar debido a dificultades financeiras. Kenner non recibiu ningún título universitario nin formación profesional. Naquela época, as mulleres mantíñanse á marxe dos establecementos científicos ou as institucións académicas.[9]

Kenner e a súa familia trasladáronse a Washington D. C. cando era moza e aquí é onde quedou para manterse ao día das súas oportunidades de patentar as súas ideas na Oficina de Patentes e Marcas dos Estados Unidos.[10]

Invencións[editar | editar a fonte]

En 1912, inventou un cinto sanitario axustable . En 1954 completou a solicitude de patente do seu invento. En 1956, a solicitude foi aprobada. O invento describiuse como un eliminador de "as rozaduras e irritacións que normalmente causan os dispositivos da súa clase". Con todo, a empresa que primeiro se interesou polo seu invento, a Sonn- Nap- Pack Company, rexeitouno ao descubrir que era afroamericana.[11] Kenner nunca chegou a gañar diñeiro co cinto sanitario, porque a súa patente expirou e pasou a ser de dominio público, o que permitiu a súa libre fabricación. Posteriormente inventou unha modificación do cinto sanitario que incluía un "peto resistente á humidade".[12]

Nunha entrevista, Mary Kenner dixo, "Un día puxéronse en contacto comigo dunha compañía e comunicáronme o seu interese en comercializar a miña idea.Eu estaba exultante... Vin casas, coches, e todo aproximadamente para vivir ao meu xeito." Un representante dirixiuse a Washington para falar con Kenner e ela continúa explicando que a rexeitaban dicindo, "Por desgraza cando viron que era negra perderon o interese. O representante volveu a Nova York e informoume de que a compañía xa non estaba interesada."[9][7]

Entre 1956 e 1987 recibiu un total de cinco patentes polas súas creacións de artigos domésticos e persoais. Compartiu a patente do soporte de papel hixiénico coa súa irmá, Mildred Davidson.[13] Tamén patentou un lavador de costas que podía montarse na parede da ducha ou a bañeira, tamén coñecido como lavador de costas.[13] Este invento foi patentado en 1987 co número de patente 4696068. Tamén patentou o accesorio de transporte para un andador en 1959, despois de que Mildred desenvolvese esclerose múltiple.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Mary Kenner traballaba como arranxadora floral profesional e tiña catro tendas de flores repartidas pola zona de Washington, DC. Manexou o negocio durante 23 anos despois de abandonar a universidade por dificultades económicas. Durante a segunda guerra mundial, Mary atopou un emprego no goberno federal, traballando para a Oficina do Censo e a Oficina de Contabilidade Xeral. Acompañaba a mulleres máis novas aos bailes das bases militares en Washington, D. C. Unha noite, mentres facía de acompañante, Kenner coñeceu e namorouse dun soldado, co que casou en 1945. Divorciáronse en 1950. En 1951, Kenner casou co famoso boxeador de pesos pesados James " Jabbo" Kenner. Xuntos vivían en McLean, Virginia, preto do complexo dos Kennedy. Foron pais adoptivos de cinco nenos.[2]

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. "5 CURIOSIDADES SOBRE MARY KENNER, LA REVOLUCIONARIA DE LA HIGIENE FEMENINA". 
  2. 2,0 2,1 Hambrick, Arlene (1993). "Biographies of black female scientists and inventors: an interdisciplinary middle school curriculum guide: "What shall I tell my children who are black?"". ScholarWorks@UMass Amherst: 132–144 – vía Google Scholar. 
  3. Sluby, Patricia C. "BLACK WOMEN AND INVENTIONS." Women's History Network News, no. 37, 1993, pp. 4.
  4. Sluby, Patricia C. "BLACK WOMEN AND INVENTIONS." Women's History Network News, no. 37, 1993, pp. 4.
  5. Sluby, Patricia C. "BLACK WOMEN AND INVENTIONS." Women's History Network News, no. 37, 1993, pp. 4.
  6. "Mary Beatrice Davidson Kenner". Pioneering Women Herstory. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 30 abril2015. 
  7. 7,0 7,1 Tsjeng Zing (2020)
  8. Hambrick, Arlene (1993). "Biographies of black female scientists and inventors: an interdisciplinary middle school curriculum guide: "What shall I tell my children who are black?"". ScholarWorks@UMass Amherst: 132–144 – vía Google Scholar. 
  9. 9,0 9,1 "Mary Beatrice Davidson Kenner: The Forgotten Inventor Who Changed Women’s Health Forever". Consultado o 2021-03-09. 
  10. "Women’s History Month Profiles: Mary Beatrice Davidson Kenner, Inventor" (en inglés). 2021-02-03. Consultado o 2021-03-09. 
  11. "The Forgotten Black Woman Inventor Who Revolutionized Menstrual Pads". www.vice.com (en inglés). Consultado o 2021-05-14. 
  12. Buck, K. (2017, Mar 02). Black female inventors and scientists. Los Angeles Sentinel
  13. 13,0 13,1 "Mary B. Kenner Inventions, Patents and Patent Applications - Justia Patents Search". patents.justia.com. Consultado o 2019-03-17. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Blashfield, Jean F. (1996) Women inventors. Minneapolis: Capstone Press. Vol. 4, pp. 11–16
  • Jeffrey, Laura S. (1 de setembro de 2013) Amazing American Inventors of the 20th Century. Enslow Publishers, pp 29–35
  • Sluby, Patricia C. (2004) The Inventive Spirit of African Americans: Patented Ingenuity. Westport, Conn: Praeger, pp 147–150