Marta Peirano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMarta Peirano
Biografía
Nacemento7 de novembro de 1975 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , xornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Marta Peirano, nada en Madrid o 7 de novembro de 1975, é unha escritora e xornalista española. Desde setembro de 2013 dirixe a sección cultural do periódico dixital eldiario.es. É fundadora de CryptoParty Berlín (iniciativa arredor de cuestións sobre privacidade e seguridade en Internet) e de Elástico, colectivo multidisciplinar co que codirixiu o proxecto COPYFIGHT en 2005 sobre cultura libre.[1] Colabora con distintos medios nos que escribe sobre cultura libre, autómatas, seguridade e privacidade, dereitos en Internet e criptografía para periodistas.

En galego, na tradución de Antía Veres Xesto, Kalandraka publicou o ensaio de Peirano intitulado O inimigo coñece o sistema, como aprte da colección "Ágora K"[2].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Participou no desaparecido periódico ADN e na publicación Jot Down con artigos sobre cultura.[3] Escribiu sobre tecnoloxía e mundo dixital na revista Muy Interesante[4] e en Consumer.[5] Desde 2013 dirixe a sección de Cultura de eldiario.es[6] e publica artigos sobre vixilancia do poder, medio ambiente, cultura e dereitos e liberdades.

Obra[editar | editar a fonte]

Publicou varios libros e participou como colaboradora noutros.

  • El rival de Prometeo, Vidas de Autómatas Ilustres (Impedimenta, 2009; xunto con Sonia Bueno Gómez-Tejedor)
  • Collaborative Futures: A Book About the Future of Collaboration (Paperback, 2010; VV.AA.)
  • On Turtles and Dragons and the Dangerous Quest for a Media Art Notation System (version 1.2) (2013; VV.AA.)
  • Futurish: Thinking Out Loud About Futures. Time's Up (2014; VV.AA.)
  • Pequeño libro rojo del activista en la red (Roca Editorial, 2015; prólogo de Edward Snowden)[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Marta Peirano". TEDxMadrid (en castelán). 30 de maio de 2015. Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2017. Consultado o 27 de abril de 2017. 
  2. Ficha Arquivado 15 de decembro de 2019 en Wayback Machine. na web da editorial
  3. "Marta Peirano, Autor en Jot Down Cultural Magazine". Jot Down Cultural Magazine (en castelán). Consultado o 24 de abril de 2017. 
  4. "Resultados de Foogle en MuyInteresante.es.". MuyInteresante.es (en castelán). Consultado o 24 de abril de 2017. 
  5. "Artículos de Marta Peirano | Eroski Consumer | Eroski Consumer". Eroski Consumer. Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2017. Consultado o 24 de abril de 2017. 
  6. "Marta Peirano". eldiario.es (en castelán). Consultado o 24 de abril de 2017. 
  7. "Así fue la entrevista de eldiario.es a Snowden". eldiario.es (en castelán). Consultado o 24 de abril de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]