Manuela del Sagrado Corazón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuela del Sagrado Corazón

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de decembro de 1891 Editar o valor em Wikidata
Ondarroa, España Editar o valor em Wikidata
Morte10 de novembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (44 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata (Ferida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónrelixiosa católica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaSisters of Adoration, Handmaids of the Blessed Sacrament and of Charity (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa6 de novembro Editar o valor em Wikidata

Manuela Arriola Uranga, nada en Ondarroa (Biscaia) o 29 de decembro de 1891 e finada en Madrid o 10 de novembro de 1936, máis coñecida como Manuela del Sagrado Corazón, foi unha relixiosa española, unha das vinte e tres Adoratrices del Santísimo Sacramento asasinadas durante a persecución relixiosa, que se desencadeou en tempos da guerra civil española. Foi beatificada polo papa Bieito XVI o 28 de outubro de 2007.[1]

Biografía[editar | editar a fonte]

Ingresou ao noviciado das Adoratrices del Santísimo Sacramento de Madrid o 12 de novembro de 1916, onde cambiou o seu nome polo Manuela do Sacro corazón. Alí fixo a súa profesión o 19 de maio de 1924. Foille confiada a formación das novas relixiosas e dedicouse ao ensino, até a súa elección como secretaria xeral da Congregación, en 1929.[1]

Ao comezar a guerra civil española en 1936, o convento das Adoratrices de Madrid foi incautado (28 de xullo), para destinalo a hospital de sangue. As relixiosas tiveron que alugar un piso, onde permaneceron até o 9 de novembro do mesmo ano, día no que foron arrestadas polos milicianos e levadas ás tapias do cemiterio da Almudena. Alí foron fusilada na madrugada do 10 de novembro. En total eran unhas vinte e tres relixiosas á cabeza das cales se atopaba Manuela.[2] O seu corpo foi sepultado no panteón das Adoratrices do cemiterio da Almudena.[1]

Culto[editar | editar a fonte]

Manuela del Sagrado Corazón atópase á cabeza do grupo das vinte e tres relixiosas Adoratrices del Santísimo Sacramento, quen inmediatamente despois da súa morte gozaron de fama de santidade. O proceso de beatificación foi iniciado o 18 de xaneiro de 1954,[3] a partir de entón recoñecéuselle co título de serva de Deus. Entre as testemuñas do proceso atopábase o chofer do camión que as trasladou ao lugar onde foron fusiladas, quen quedou impresionado polo testemuño das relixiosas.[4]

Manuela del Sagrado Corazón e as súas vinte e dúas compañeiras mártires foron beatificadas polo papa Bieito XVI na masiva cerimonia de beatificación celebrada na praza de San Pedro na Cidade do Vaticano, o 28 de outubro de 2007. En devandita cerimonia elevouse aos altares a 498 vítimas da guerra civil de España do século XX.[4]

Os restos mortais de Manuela foron exhumados no cemiterio da Almudena e trasladados á capela da casa nai das Adoratrices en Madrid.[1] No calendario universal da Igrexa católica celébrase a súa memoria o 6 de novembro, mentres que as Adoratrices conmemórana o 10 de novembro, día do seu martirio.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 González Rodríguez 2007, p. 162.
  2. González Rodríguez 2007, p. 161.
  3. Alday 1994.
  4. 4,0 4,1 López Teulón, Jorge (10 de novembro de 2011). "Madrugada del 10 de noviembre, en el cementerio de La Almudena". Religión en libertad. Consultado o 19 de febreiro de 2016. 
  5. "Beatas Manuela del Sagrado Corazón de Jesús y veintidós compañeras, vírgenes y mártires". El testigo fiel. Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2016. Consultado o 19 de febreiro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Alday, Jesús María (1994). Manuela Arriola Uranga. Santoral Vasco (Bilbao). Consultado o 19 de febreiro de 2016. 
  • González Rodríguez, María Encarnación (2007). Quiénes son y de dónde vienen. 498 mártires del siglo XX en España. Madrid: Edice. ISBN 978-84-7141-635-3.