Manuel Trigo Díaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Trigo Díaz
Biografía
Nacemento1907 Editar o valor em Wikidata
Caleiro, España Editar o valor em Wikidata
Morte16 de xaneiro de 1992 Editar o valor em Wikidata (84/85 anos)
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Manuel Trigo Díaz, nado en Caleiro (Vilanova de Arousa) en 1907 e finado en Vilagarcía de Arousa o 16 de xaneiro de 1992,[1] foi un mestre e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de José Trigo Gómez. Iniciou os estudos de Maxisterio por libre e ao rematar a carreira foi mestre en Moaña. Pasou despois á escola de Vilanoviña patrocinada polos emigrantes que acollía alumnos procedentes de Baión, Mosteiro e Vilanoviña. Foi mariño de guerra durante a Guerra Civil e cando rematou foi destinado a Aralde e pouco tempo despois a Vilagarcía de Arousa. Participou nos certames poéticos Perla de Arosa organizados polo Concello, obtendo varios galardóns. Foi moi celebrada a "Cántigas da Queimada". Foi delegado do Patronato Rosalía de Castro na comarca do Salnés, redactor do Plan Marisqueiro de Galicia e colaborou na organización de Fexdega.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Hipólita Pardo Montes e foi pai de Pilar, Helena e Manuel Trigo Pardo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, Arousa, 18-1-1992, p. 31.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Viana, Victor, "Manuel Trigo Díaz: In Memoriam". La Voz de Galicia, Arosa, 19-1-1992, p. 33.