Manuel Fontoira Peón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Fontoira Peón
Biografía
Nacemento30 de xullo de 1907 Editar o valor em Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Morte18 de maio de 1986 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Presidente da Deputación de Pontevedra
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosManuel Fontoira Surís, Rafael Fontoira Surís Editar o valor em Wikidata

Manuel Fontoira Peón, nado en Pontevedra o 30 de xullo de 1907 e finado na mesma cidade o 18 de maio de 1986, foi un médico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, logo marchou completar os seus estudos, doutorarse e especializarse en pediatría na Universidade Central de Madrid. Ao remate da súa formación regresou a Pontevedra onde exerceu a medicina, e onde chegaría a fundar o Sanatorio Santa María.

Xa durante o franquismo, foi deputado provincial en Pontevedra, e vicepresidente (1942-1948) e logo presidente (1948-1951) da deputación de Pontevedra e en calidade dese posto presidiu o padroado do Museo Provincial de Pontevedra. Tamén foi procurador en Cortes.

Membro fundador da Sociedade de Pediatría de Galicia e o seu presidente. Finou en Pontevedra o 18 de maio de 1986.[1]


Predecesor:
Rafael Picó Cañeque
 
Presidente da Deputación de Pontevedra
 
1948 - 1951
Sucesor:
Luis Rocafort Martínez

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Foi pai de Lydia Fontoira, do pediatra e político Manuel Fontoira Surís e do arquitecto Rafael Fontoira Surís.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 20-5-1986, p. 58.