Manolete
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Manolete | |
|---|---|
| Monumento a Manolete en Linares | |
| Nacemento: | 4 de xullo de 1917 Córdoba |
| Falecemento: | 29 de agosto de 1947 Linares, (Jaén) |
| Nacionalidade: | |
| Ocupación: | toureiro |
Manuel Laureano Rodríguez Sánchez, coñecido como Manolete, nado en Córdoba o 4 de xullo de 1917 e finado en Linares (provincia de Jaén) o 29 de agosto de 1947, foi un toureiro andaluz. É considerado un dos máis grandes toureiros da década de 1940. Tras a súa morte en Linares, causada polo touro Islero, converteuse nun mito da España de posguerra.