Califa do Toureo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lagartijo, "O Gran Califa".

Califa do Toureo é un título honorífico que se concede aos grandes toureiros orixinarios da provincia de Córdoba, España.

O título foi creado polo escritor Mariano de Cavia, quen nomenou o primeiro deles ao chamar Califa do Toureo ao toureiro Rafael Molina, coñecido como Lagartijo. Os seguintes tres califas (Guerrita, Machaquito e Manolete) foron nomeados polo pobo de Córdoba.

O 29 de outubro de 2002, foi nomeado como o quinto Califa do Toureo, Manuel Benítez "El Cordobés", polo Concello de Córdoba, a petición de numerosas asociacións e colectivos da provincia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]