Mandragora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mandrágoras (xénero Mandragora)
M autumnalis
M autumnalis
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Asteridae
Orde: Solanales
Familia: Solanaceae
Subfamilia: Solanoideae
Tribo: Mandragoreae
Xénero: Mandragora
L. 1735
Especies

Véxase no texto

Mandragora é un xénero pertencente á subfamilia Solanoideae, incluída na familia das solanáceas (Solanaceae). Comprende 18 especies nativas de Eurasia.[1] Antigamente utilizábana con fins curativos. Hoxe en día serve como especia de cociña (se está curada) ou como estupefaciente (se non está curada). É moi propia en países onde as temperaturas son moi elevadas, como en Asia e África onde aínda se utiliza con fins curativos. É o único xénero da tribo Mandragoreae.

A especie máis común é a mandrágora[2] Mandragora officinarum, unha planta herbácea de raíz grosa e napiforme, follas ovais e enteiras, en roseta, e flores pedunculadas e campaniformes, de cor amarela verdosa; crece na rexión mediterránea. Ten propiedades narcóticas e desde a antigüidade atribúenselle propiedades máxicas.

Especies seleccionadas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mandragora en PlantList
  2. Nome vulgar galego en Diccionario Cumio da lingua galega Vigo, Edicións do Cumio, 1999

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Mandragora
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mandragora