Magyarosaurus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Magyarosaurus
Rango fósil: Cretáceo

Tamaño comparado co dun humano.
Estado de conservación

Extinto
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Reptilia
Superorde: Dinosauria
Orde: Saurischia
Suborde: Sauropodomorpha
Infraorde: Sauropoda
(sen clasif.): Titanosauria
Xénero: Magyarosaurus
von Huene, 1932
Especies

O magyarosaurus foi un dinosauro, un pequeno saurópodo que habitou no Cretáceo final (Maastrichtiano) no que hoxe é Romanía, un dos máis pequenos saurópodos adultos coñecidos, media só seis metros de longo, o seu pequeno tamaño é un caso típico de ananismo insular, unha forma de adapación ás condicións ambientais, a penuria de alimento e a falta de grandes predadores favoreceu a evolución dos animais máis pequenos.

Descuberta[editar | editar a fonte]

Os restos deste saurópodos descubríronse na rexión de Hunedoara (Romanía), descrito por Nopcsa por primeira vez como Titanosaurus dacus en 1915, cambióuselle o nome en 1932 por Magyarosaurus dacus.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Kristina Curry Rogers, "Titanosauria: A phylogenetic Overview" in Kristina Curry Rogers e Jeffrey A. Wilson, (eds) 2005, The Sauropods: Evolution and Paleobiology, University of California Press, Berkeley, ISBN 0-520-24623-3
  • Die fossile Reptil-Ordnung Saurischia, ihre Entwicklung und Geschichte. Huene, F. von MONOG. GEOL. PAL. 4 (1) pts. 1 e 2, viii +361 pp (1932).
  • Die Dinosaurier der siebenburgischen Landesteile Ungarns. Mitteil. Nopcsa, F. JB. K. UNGAR. GEOL. REICHSANST. 23;1-26 (1915).