Madeleine Béjart

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Madeleine Béjart no papel de Magdelone en Les précieuses ridicules

Madeleine Béjart, nada en París o 8 de xaneiro de 1618 e finada na mesma cidade o 17 de febreiro de 1672, foi unha actriz francesa[1].

Biografía[editar | editar a fonte]

Madeleine formaba parte dunha familia de actores parisina, era a irmá máis nova de Joseph Béjart. Ós vinte anos tivo un fillo co protector da familia, o duque de Modène. Entrou no Théâtre du Marais a finais da década de 1630 e en 1643 fundou xunto con Molière o «Illustre Théâtre» do cal foi directora durante un tempo e demostrou gran talento para a xestión que contribuiu á boa marcha da tropa teatral pero en 1645 o teatro caeu en bancarrota e Béjart xunto a varios membros da súa familia e Molière marcharon ó sur de Francia para poder sobrevivir representando as obras de Molière en numerosas cidades e vilas. En 1658 Béjart e o seu grupo teatral volveron a París. Béjart foi a actriz principal do seu amante, interpretando as súas obras con gran fidelidade artística.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [1], Encyclopædia Britannica (en inglés).