Macchi MC.205

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Macchi MC.205 Veltro
M.C.205V.jpg
MC.205 Veltro
Tipo Caza
Fabricante Aeronautica Macchi
Primeiro voo 19 de abril de 1942
Construídos 262

O Macchi MC.205 Veltro foi un caza italiano da Segunda Guerra Mundial. O MC.205 seguiu a liña de desenvolvemento comezada co MC.200 e continuada polo MC.202. Voou por primeira vez en abril de 1942 cun motor DB 605A-1 alemán producido baixo licenza en Italia e cunha célula derivada do MC.202. Era un moi bo avión, pero tardou en entrar en produción. Fabricáronse 262 unidades que serviron na forza aérea fascista italiana e na Luftwaffe ata o final da guerra.