Macchi MC.200

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Macchi MC.200 Saetta
Saetta do museo da USAF
Tipocaza
FabricanteAeronautica Macchi
Primeiro voo24 de decembro de 1937
Introducido1939
Retirado1947
Principais usuariosRegia Aeronautica
Unidades construídas1 153

O Macchi MC.200 Saetta foi un caza italiano da segunda guerra mundial. Voou por primeira vez o 24 de decembro de 1937. Era un bo avión, doado de pilotar e moi áxil, pero o seu motor radial era pouco potente o que lle daba unhas pobres prestacións e un armamento escaso. Construíronse 1.153 exemplares de 25 series distintas.