Mónica Chuji

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMónica Chuji

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de outubro de 1973 Editar o valor em Wikidata (50 anos)
Pastaza, Ecuador Editar o valor em Wikidata
National Assembly Deputy (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEcuador Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata

Twitter: monicachuji Editar o valor em Wikidata

Mónica Patricia Chuji Gualinga, nada na comunidade Sarayaku, provincia de Pastaza o 30 de outubro de 1973, é unha dirixente indíxena ecuatoriana, defensora dos dereitos humanos.[1][2] Actualmente é candidata á Asemblea Nacional polo movemento Podemos.[3][4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de pai shuar e nai kichwa, Chuji é licenciada en comunicación social pola Universidade Politécnica Salesiana en 2000. Despois, seguiu a súa carreira de estudo de posgrao en Dereitos Humanos e Ciencias Ambientais pola Universidade de Deusto en España en 2002, e estudos de Mestría en Estudos Socio ambientais na Facultade Latinoamericana de Ciencias Sociais (FLACSO) de Ecuador no ano 2006.[5] É unha das dirixentes indíxenas máis coñecida en Ecuador, respecto diso da participación das mulleres indíxenas na vida política e pública do país, ela cre, "que vai en aumento aínda que é escasa".[6]

Foi Secretaria Xeral de Comunicación no período de presidencia de Rafael Correa, dende xaneiro até xuño de 2007. Tamén foi asembleísta constituínte na elaboración da Constitución de Ecuador do 2008, presidenta da Mesa 5 da Asemblea Constituínte sobre Recursos Naturais e Biodiversidade, entre novembro de 2007 até xullo de 2008. Foi consultora de organismos internacionais, dirixente de bases e asesora de diversas organizacións do movemento indíxena (FONAKISE, COIC, CONAIE, CODENPE e CONFENIAE). Membro da comunidade Sarayaku de Sucumbíos da Federación de Organizacións da Nacionalidade Kichwa de Sucumbíos.[7]

Como intelectual, escribiu varios libros e artigos relacionados con idiomas ancestrais, seguridade social, plurinacionalidade e interculturalidade, actividade mineira, estado e democracia plurinacional, educación intercultural bilingüe, dereitos colectivos, medios de comunicación das nacionalidades e pobos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Entrevista con Mónica Chuji". El País (en castelán). 21 de maio de 2007. ISSN 1134-6582. Consultado o 12 de decembro de 2018. 
  2. "CIDH solicita información de juicio de Vinicio Alvarado contra Mónica Chuji". www.inredh.org. Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2019. Consultado o 12 de decembro de 2018. 
  3. "Chuji: “El CNE está en manos de políticos que actúan sospechosamente"". Radio La Calle (en castelán). 2020-10-06. Consultado o 2020-10-22. 
  4. "Votación electrónica del movimiento Podemos designó como su binomio a Paúl Carrasco y Frank Vargas Anda". El Comercio. Consultado o 2020-10-22. 
  5. "Mónica Chuji: «La decisión que tomé, de irme de Alianza PAIS, fue la más acertada»". El Universo (en castelán). 26 de novembro de 2011. Consultado o 17 de novembro de 2018. 
  6. Pillkusisa (14 de xuño de 2010). "Mujeres Indígenas Hoy: Ecuador- Mónica Chuji: ‘Las mujeres van abriéndose espacios paulatinamente’". Mujeres Indígenas Hoy. Consultado o 16 de novembro de 2018. 
  7. "Reseña Biografica de Mónica Chuji" (PDF). Antología del Pensamiento Indigenista Ecuatoriano sobre Sumak Kawsay: 155. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de setembro de 2020. Consultado o 16 de novembro de 2018.