Lucio Anneo Floro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lucio Aneo Floro, en latín Lucius Annaeus Florus, nado no século I, finado no século II, foi un historiador romano de orixe africana, autor do Epítome da Historia de Tito Livio.

Amigo persoal de Hadriano, viviu durante moito tempo en Roma e en Tarraco (Hispania).

É autor do Compendio da Historia Romana, panexírico da gloria de Roma. É unha das dúas fontes principais de información acerca das Guerras Cántabras.

Referencia bibliográfica[editar | editar a fonte]

  • Floro, Lucio Anneo (2000). Epítome de la historia de Tito Livio. Madrid: Editorial Gredos. ISBN 978-84-249-2270-2.