Lon Chaney
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Lon Chaney | |
|---|---|
Lon Chaney n'O milagre |
|
| Nacemento | Leonidas Frank Chaney 1 de abril de 1883 Colorado Springs, Colorado, Estados Unidos de América |
| Falecemento | 26 de agosto de 1930 Os Ánxeles, California, Estados Unidos de América |
| Outros nome(s) | "O Home das 1000 Caras" |
| Profesión | Actor |
| Cónxuxe(s) | Cleva Creighton (1906-1915) Hazel Hastings (1915-1930) |
| Fillo(s) | Lon Chaney Jr. |
| [www.lonchaney.com/ Páxina web oficial] | |
| Ficha na IMDb | |
Lon Chaney caracterizado como Erik n'O fantasma da ópera en 1925.
Leonidas Frank Chaney, máis coñecido como Lon Chaney, nado en Colorado Springs o 1 de abril de 1883, e finado en Hollywood o 26 de agosto de 1930, foi un actor norteamericano da época do cine mudo.
É senlleiro por ter representado personaxes monstruosos, atormentados e grotescos, extremadamente ben caracterizados, empregando a súa propia técnica de maquillaxe, e que son históricos dentro do cine de terror. Ficou sendo chamado polos críticos de cinema da época como "O home das mil faces" ou "das 1000 caras".
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cunha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outras biografías que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |