Lisímaco de Alexandría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLisímaco de Alexandría
Biografía
Nacemento200 a. C. Editar o valor em Wikidata
Alexandría Editar o valor em Wikidata
Morteséculo II a. C. Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióngramático , escritor , mitógrafo Editar o valor em Wikidata
Período de tempoPeríodo helenístico Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata

Lisímaco de Alexandría (grego antigo: Λυσίμαχος; latín: Lysimachus) foi un distinguido gramático grego exipcio, nado en Alexandría. Non se coñece a época exacta na que viviu, pero é despois do -140.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aparece mencionado por varios autores, que lle atribúen as seguintes obras:

  • Νόστοι, ("Nostoi", Os Retornos ), segundo Ateneo de Naucratis e Plutarco, e diversos escolios.
  • Συναγωγὴ Θηβαϊκῶν παραδόξων, ("Paradoxón de Sinagogé thebaikon" Sobre as marabillas dos tebanos ), probabelmente en tres libros.
  • Αἰγυπτιακα, ("Aegiptiaka", Sobre Exipto ), un libro citado por Flavio Xosefo.
  • περὶ τῆς Ἐφόρου κλοπῆς ("Peri tes Ephorou klopes", Sobre os plaxios de Éforo ), probabelmente en dous libros, atribuídos a el por Eusebio de Cesarea .

Os dous últimos son probabelmente obra dun autor do mesmo nome[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 5.Lysimachus en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. II Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 870

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Raffaele Cantarella . La letteratura greca classica . Milán, BUR, 2002. ISBN 8817112518 .
  • Enzio Savino (ed.). La letteratura greca della Universidade de Cambridge . Milán: Mondadori, 2007.