Linux Professional Institute
O Linux Professional Institute é unha organización sen ánimo de lucro constituída en outubro de 1999, coa súa sede cerca de Toronto (Canadá). Está recoñecida como a primeira organización en impulsar e apoialo uso de Linux, Código Aberto e Software Libre.
Índice |
Certificacións LPI o LPIC [editar]
As certificacións LPI, ou en inglés, LPI Certificacion (LPIC) deseñáronse para certificala capacitación dos profesionais das Tecnoloxías da Información usando o Sistema Operativo Linux e as ferramentas asociadas a este sistema.
Deseñouse para ser independente da distribución e segue a Linux Standard Base e outros estándares relacionados.
O programa LPI basease na realización de enquisas para establecer un nivel de certificación baseado no posto de traballo a desempeñar utilizando procesos de Psicometría para garantila relevancia e a calidade da certificación.
Profesional Junior de Linux o LPIC-1 [editar]
- Estado: Dispoñible actualmente. A primeira publicación data do 11 de xaneiro do 2000. Recibiu varias revisións dende entón.
- Prerrequisitos: Ningún
- Requirimentos: Pasar os exames 101 e 102
- Obxectivos da certificación
- Ser capaz de traballar na liña de comandos
- Realizar tarefas sinxelas de mantemento como axudar ós usuarios, mantemento de usuarios, realización de copias de seguridade e restauracións, paradas e arranque de sistemas
- Instalación e configuración dun equipo de traballo e a súa conectividade á rede.
Profesional de Ubuntu, Ubuntu certified profesional [editar]
- Prerrequisitos: Tela certificación LPIC-1
- Requirimentos: Pasar o exame 199
- Obxectivos de la certificación:
- Entender a infraestrutura técnica de Ubuntu
Profesional Avanzado de Linux ou LPIC-2 [editar]
- Prerrequisitos: Ter a certificación LPIC-1
- Requirimentos: Pasar os exames 201 e 202
- Obxectivos da certificación
- Administración dun site pequeno ou mediano
- Planificación, mantemento, securización dunha rede mixta (MS, Linux) incluíndo:
- Servidor de rede Samba
- Pasarela de Internet: firewall, proxy, correo, news
- Servidores de Internet: Servidores web, FTP
- Supervisión de asistentes
- Aconsellar en automatización e compras
Profesional Sénior e especialista de Linux LPIC-3 [editar]
- Prerrequisitos: Tela certificación LPIC-2
- Requirimento: Pasar os exames 301 (Core) e algún dos exames de especialización 302-306
- 302. Entorno mixto
- 303. Seguridade
- 304. Alta dispoñibilidade e virtualización
- 305. Web e Intranet
- 306. Correo e mensaxería
Material de Estudo aprobados [editar]
LPI aprobou diverso material de estudo Linux Approved Training Material ou LATM para as súas certificacións:
Outras certificacións [editar]
Existen outras certificacións Linux que se centran en distribucións particulares, mentres que LPI é agnóstica á distribución. A continuación citamos algunhas:
- Programa de Certificación de Red Hat.
- Programa de certificación de Novell (antigamente Suse).
