Ubuntu Certified Professional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ubuntu Certified Professional (UCP) é un certificado de coñecementos de Ubuntu GNU/Linux, administrado pola LPI e baseado no seu certificado de nivel 1, creado a partir dun acordo asinado en maio de 2006 entre Canonical Ltd. e Linux Professional Institute.

O UCP é parte do certificado LPIC, como módulo engadido aos certificados LPI 117-101 e LPI 117-102. O seu código é o LPI 117-199.

Requisitos[editar | editar a fonte]

Os requisitos para conseguir o certificado son:

  • Realiza-los exames LPI 117-101 e LPI 117-102, que acreditan coñecementos de GNU/Linux, con independencia da distribución.
  • Realiza-lo exame específico de Ubuntu, o LPI 117-199.

As probas poden realizarse en calquera orde.

Materias[editar | editar a fonte]

O certificado pon a proba os coñecementos do alumno en materias tales coma:

  • Instalación e configuración de sistemas Ubuntu.
  • Realización de tarefas administrativas: arrincar e apaga-los sistemas, manexar contas de usuario e sistemas de ficheiros, e manter a seguridade do sistema.
  • Configura-la conexión á rede e servizos de rede fundamentais.
  • Traballo produtivo coa liña de comandos de Linux.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]