Linguaxe de alto nivel
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa informática que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Linguaxe de alto nivel é o que se chama na Ciencia da Computación a linguaxes de programacion cun nivel de abstracción relativamente elevado, lonxe do código de máquina e máis próximo á linguaxe humana.
Índice |
Subxectividade do criterio [editar]
Por se tratar dunha clasificación subxetiva, i. e., sen limites ben definidos, é posible afirmar que "determinada linguaxe pode ser máis humana que outra". A pesar diso, por cuestión de practicidade e obxectividade, a clasificación limitase xeralmente en "linguaxe de alto nivel" e "linguaxe ensambladora".
Expresividade para unha linguaxe de programacion [editar]
Aparte de criterios subxectivos de "proximidade á linguaxe humana", hai criterios mais obxectivos que teñen en conta o "potencial de expresividade", en termos de capacidade media de expresión por palabra ou por cada SLOC. Isto é fundamental en termos de produtividade: existen moitos estudos que proban que o numero de SLOC por persoa e dia manténse constante, ben sexa se escribe en linguaxe ensambladora ou en Ada95, por pór dous casos extremos opostos.
Por outra banda, en canto a este criterio de expresividade para unha linguaxe de programacion, hai que ter en conta non só a expresividade das instrucions da linguaxe, senón tamén considerar as librerias asociadas existentes e accesibeis que teñen APIs para esa linguaxe.
Exemplos [editar]
Algúns exemplos de linguaxes de alto nivel (de igual nivel mais con diferentes "elevacións"):