Linguas de Burkina Faso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa etnolingüístico de Burkina Faso.
Taboleiro con texto en lingua mossi, a lingua máis falada do país.

Burkina Faso é un país multilingüe. Estímase que unhas 70 linguas son faladas alí, das cales unhas 66 son indíxenas do territorio.[1] O mossi é falado por volta do 51 % da poboación (2006), principalmente na rexión central ao redor da capital, Uagadugú.

No oste do país as linguas mandés son as dominantes, destacando o diula, o bobo, o samo e o marka. O peul (fula: fulfulde), unha variedade do fulani, fálase no norte, porén é moi falado en todo o país como lingua franca. O gourmantché fálase no leste, mentres que o bissa é propio do sur.[2]

A educación para xordos en Burkina Faso usa a lingua de sinais americana, que foi introducida polo misioneiro xordo estadounidense Andrew Foster. A lingua de sinais de Burkina Faso úsase en Uagadugú.[3]

Linguas de traballo[editar | editar a fonte]

As linguas de traballo son o francés, que foi introducido cando Francia colonizou Burkina Faso en 1919, e o inglés. O francés é unha lingua de ensino nas escolas do país.[4] Non obstante, menos do 15 por cento da poboación usa o francés no día a día.[5] A pesar desta baixa porcentaxe, hai un grande apoio para manter o francés como lingua de ensino porque proporciona aos nenos un camiño cara á mobilidade social e garante un apoio económico continuo á educación.[6] De feito, segundo un informe de 1998, "os burkinenses non viron interese en enviar aos seus fillos á escola para aprender unha lingua que xa falaban na casa".[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lewis, M. Paul (ed.), 2009. Ethnologue: Languages of the World, Sixteenth edition. Dallas, Tex.: SIL International. (Page on "Languages of Burkina Faso.")
  2. Rupley, Lawrence; Bangali, Lamissa; Diamitani, Boureima (2013). Historical Dictionary of Burkina Faso. Rowman & Littlefield. p. 123. ISBN 978-0810867703. 
  3. Brentari, Diane (2010). Sign Languages. Cambridge University Press. p. 406. ISBN 978-1139487399. 
  4. Kone, Aame (2010). "Politics of Language: The Struggle for Power in Schools in Mali and Burkina Faso". International Education 39 (2): 7. Consultado o 24 de outubro de 2016. 
  5. Kone 2010, páxina 9
  6. Kone 2010, p. 12
  7. Kone 2010, p. 15

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]