Lingua ahtna
| Ahtna | ||
|---|---|---|
| Outros nomes: | Ahtena | |
| Falado en: | Estados Unidos | |
| Rexións: | Alasca (na rexión do río Copper) | |
| Total de falantes: | 50 (2004) | |
| Familia: | Dene-ieniseiano Na-dene Atapascano-eyak Linguas atapascanas Atapascano setentrional Ahtna |
|
| Escrita: | Alfabeto latino (variante ahtna) | |
| Códigos de lingua | ||
| ISO 639-1: | -- | |
| ISO 639-2: | ath | |
| ISO 639-3: | aht | |
O ahtna ou ahtena é unha lingua na-dené que se fala nos Estados Unidos.
ISO/DIS 639-3: aht
Índice |
[editar] Falantes
No ano 2004 había menos de 50 falantes[1] nun grupo étnico de 500 persoas. Todos os falantes nativos son maiores de 60 anos.
[editar] Distribución xeográfica
Hai 8 comunidades entre na área do Río Copper, entre o río Eyak e a súa foz e o alto Susita e Nenana en Alasca.
[editar] Usos sociais
Aínda que todos os falantes nativos son anciáns hai un aumento do interese entre os ahtena pola súa lingua, Lena Charley editou materiais para a súa aprendizaxe. En todas as escolas athna hai clases de lingua
Os primeiros estudos sobre a lingua realizounos James Kari que en 1986 publicou o primeiro libro Tatl'ahwt'aenn Nenn' (recolleita de historias tradicionais) e en 1990 o primeiro dicionario ahtna.
As autoridades das comunidades athna tentan evitar a desaparición da lingua, a escola Ya Ne Dah Ah[2] aplica un programa de inmersión lingüística en athna dende 1992 en Chickaloon, seguindo este exemplo outra escola abriu en Tazlina.
John E. Smelcer é un poeta athna que publicou en 1995 Koht'aene kenaege': Poems in the Ahtna Indian language primeira obra literaria escrita en athna.
[editar] Historia
Orixinariamente os athna vivían en comunidades esparexidas na rexión do río Copper, cada grupo era totalmente autónomo. A presenza rusa deixou poucos préstamos en athna, arredor de 50 palabras e non alterou a cultura athna, a primeira expedición americana na área data de 1885, pero ata comezos do século XX non se asentaron os primeiros colonos. Entre 1941 e 1945 construíuse unha autoestrada e os athna convertéronse en totalmente minoritarios no seu propio territorio.
[editar] Notas
- ↑ Bruce E. Johansen The Praeger Handbook on Contemporary Issues in Native America, Greenwood Publishing Group, 2007, páxina 23
- ↑ James Kari et al. Shem Pete's Alaska: The Territory of the Upper Cook Inlet Dena'ina, University of Alaska Press, 2003, páxina 298