Lingua aguano
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O aguano é unha lingua extinta que se falou no Perú.
En 1959 quedaban 40 familias do grupo étnico, que xa non falaban aguano senón quechua, no concello de Santa Cruz de Huallaga, no curso baixo do río Huallaga e no curso alto do río Samiria, tributarios do río Marañón.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa lingüística que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |